[NC MOU enu]
martes, 10 de marzo de 2015
EN UN BOSQUE DE HOJA CADUCA, Gonzalo Moure
GONZALO MOURE, En un bosque de hoja caduca, Anaya, Madrid, 2006, 118 páxinas.
luns, 9 de marzo de 2015
HORA DE LER
21ª SEMANA [3ª SESIÓN]
Nesta semana corresponde ter presente que este pasado domingo 8 de marzo conmemorábase o Día Internacional da Muller. Por iso, no IES Francisco Aguiar escollemos, intencionadamente, para ilustrar esta entrada a imaxe de Sor Juana Inés de la Cruz e deixamos como suxestións de lectura un relato longo da Premio Nobel Alice Munro e unha pequena antoloxía de poemas da autora chicana Sandra Cisneros, traducida do inglés ao galego por Marilar Aleixandre.
Ilustración: Miguel Cabrera
venres, 6 de marzo de 2015
RELATOS PARA UN TEMPO NOVO, Xoán Babarro e outros
XOÁN BABARRO & OUTROS, Relatos para un tempo novo, Dirección Xeral de Cultura, Santiago, 1993, 54 páxinas.
[NG REL]
Este libro da colección Lagarto Pintado conta co traballo do ilustrador Miguelanxo Prado.
xoves, 5 de marzo de 2015
LA ESCRITURA POLÍTICA DE JOSÉ HIERRO, Alberto Moreiras
ALBERTO MOREIRAS, La escritura política de José Hierro, Esquío, Ferrol, 1987, 120 páxinas.
[PC MOR esc]
***
Ao estudo de Alberto Moreiras, sucede unha antoloxía da poesía de José Hierro.
***
Me creía dueño del mundo
y no era dueño de mí mismo.
Bebí, como un vino de siglos,
la fugacidad del minuto:
la nube que aprende a trazar
su alto vuelo maravilloso,
el ancho cielo donde otoño
tiende su púrpura fugaz;
la mar que despliega el azul
y lo quiebra en blancos y en oros;
la tierra que dobla su lomo
abrumada de plenitud
No era mi reino. El que duraba
lo llevaba dentro de mí.
Miré hacia dentro. Supe. Vi:
mi reino lo llevaba el agua.
Y cuando nada queda. Cuando
se sienten ganas de no ser,
cuando el mágico atardecer
enciende el álamo lejano,
se quiere huir, se quiere entrar
en la noche definitiva.
Hay que luchar. Sangra la herida
y ya no se puede luchar.
Cómo puedo querer huir
a mi noche, mientras exista
algo bello, por lo que un día
hubiera querido morir.
Lleva mi reino el agua. Mira:
se lleva lo mejor de mí.
y no era dueño de mí mismo.
Bebí, como un vino de siglos,
la fugacidad del minuto:
la nube que aprende a trazar
su alto vuelo maravilloso,
el ancho cielo donde otoño
tiende su púrpura fugaz;
la mar que despliega el azul
y lo quiebra en blancos y en oros;
la tierra que dobla su lomo
abrumada de plenitud
No era mi reino. El que duraba
lo llevaba dentro de mí.
Miré hacia dentro. Supe. Vi:
mi reino lo llevaba el agua.
Y cuando nada queda. Cuando
se sienten ganas de no ser,
cuando el mágico atardecer
enciende el álamo lejano,
se quiere huir, se quiere entrar
en la noche definitiva.
Hay que luchar. Sangra la herida
y ya no se puede luchar.
Cómo puedo querer huir
a mi noche, mientras exista
algo bello, por lo que un día
hubiera querido morir.
Lleva mi reino el agua. Mira:
se lleva lo mejor de mí.
José Hierro
mércores, 4 de marzo de 2015
REUNIÓN DOS CLUBES DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO
E agora corresponde falar dun fito no proceso de transformacións que anda a vivir a nosa Biblioteca.
Este pasado venres reuníase un dos tres grupos de alumnos de 1º de Bacharelato. A fotografía non deixa deducir que lectura están a comentar: A casa en Mango Street, de Sandra Cisneros, A desaparición de Esme Lennox, de Maggie O'Farrell ou ben, Palabras envelenadas, de Maite Carranza.
Pode ser que a reunión non fose tan dinámica como en outras ocasións...
Cansados de responsabilizar aos caramelos de pao, sei que alguén bótalle a culpa aos sofás que compoñen un dos rincóns máis frecuentados últimamente no noso instituto.
Quen pensa en voltar ás aulas...?
martes, 3 de marzo de 2015
META RELATOS, Claudio Rodríguez Fer
CLAUDIO RODRÍGUEZ FER, Meta relatos, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1988,72 páxinas.
BETULA PENDULA
[NG FER met]
BETULA PENDULA
“Coas yerbas máis mareiras chega hoxe a ti a miña fala azul. Escríboche desde a beira nordés do fin do mundo, acompañado tan só de natureza. Preguntaraste quizais por que che escribo despois de tanto tempo. Pero sei que ninguén acolleria coma ti o meu falar azul e o seu recendo a madresilvas desfeitas. Despois de moitos días de furias e de olvidos, podo ao fin escribir con certo acougo. Quizais foi este mar o que trouxo a paz na que me sinto. Encóntrome perdido, pero vivo, en medio da máis batida punta en terra. Fáloche, coma sempre, coa mesma tenrura coa que a lingua se comprace no nome máis azul da bidueira —Betula Pendula— ou coa que recibín as túas Cancións de amor azul. E falo azul por ti, na Iingua que é máis miña, como este mar oceánico que me arrola e me muxe. A boca posuída pola verba reverte escuma de áspid entre o soño e o intre equidistante no que escribo e no que te evoco azul, ensortellándote, como sempre ocorre cando alguén che fala”.
Ela mostrara, quizais enroibecida, a fereza erótica das mulleres-tigre e os dous se mergullaran nun mundo de vinilo. Ela golpeouno cunha flor vermella mentres a aprisionaba no corredor. Volveuse con rapidez felina. Foi unha mordedura lenta, como se os dentes se prendaran do pescozo, e Blue vibrou. Despois mordeuna longamente no van. Ela recorreu a caluga coa lingua: alí trabou con saña a súa tenrura feraz. Amáronse con dor apaixonado, ávidos e salgados polas chagas. Desde entón Blue agardaba a súa visita colocando celofán azul sobre as bombillas e Betula empeñouse en tapizar o corredor coa música de Velvet Underground. Tras a explosión ebúrnea da muller-tigre, a penumbra descubría as marcas vermellas veteadas de cardenais estampados en días anteriores. Preferían trabar cos dentes os seus corpos porque pensaban que a mácula debería ser perenne: só escribían sobre o vivente.
“Hoxe notei un lóstrego estremecedor en todo o corpo. Entón todo se me puxo azul e apareciches ti, tigresa, víbora ou vespa ao ritmo letal do teu veneno”.
Betula interrompeu a lectura da carta. Sentíase como ausente de si mesma e para corroborarse levou a man ao beizo superior, deforme desde a última mordedura. Por un momento pensou en viaxar a Fisterra, pero axiña Ile pareceu absurdo e continuou lendo.
“Ante esta mar, a túa imaxe parece difuminarse entre a néboa, como se xa non quixera seguir colaborando en tanto finximento. Por iso non podo seguir ficcionando por máis tempo. Este circunloquio non describe senón a elipse dunha escapada inútil da evidencia que me oprime. Fuxo de min, amor, fuxo de min, do que me trouxo a agonizar ao fin do mundo, lonxe do teu corpo mordido de mazá camoesa. Asediado por durísimos penedos e ante esta auga que bate implacablemente contra as rochas, sinto que fuxo, amor, sinto que luxo cara esa mar inmensa que non leva a ningures. Fuxo de ti en min, fuxo de ti, tabú, cousa prohibida”.
Entón quixo sentirse mellor que viva. Puxo música violenta e pensou que ía velo á punta de Fisterra. Maxinou o encontro varias veces, con progresiva virulencia. Volvía aos tempos do vitriolo. Betula abríase cando Blue apretaba con forza a súa gorxa de tigresa e soamente a soltaba cando ela acadaba agarralo con furia entre as súas pernas. Logo viña a mareira e todo daba voltas sobre as rochas e o mar víase no ceo e Biue rolaba exhausto polas penas e daba coa caluga nun penedo; o azul cobraba o ton gris da morte. Betula espertou. A carta caera xa da cama. O locutor, matinal e frío, daba as últimas noticias: ESTA MAÑÁ FOl ENCONTRADO O SEU CORPO SEN VIDA TENDIDO SOBRE AS ROCHAS DO CABO DE FISTERRA. POLO MOMENTO DESCOÑÉCENSE AS CIRCUNSTANCIAS DA SÚA MORTE, AÍNDA QUE PARECE SER DEBIDA AO BATER DA SÚA CALUGA CONTRA AS PENAS...
Fotografía: Eduardo Rodríguez Ochoa
luns, 2 de marzo de 2015
HORA DE LER
20ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Reflexionando déixanos a artista arxentina Liliana Porter.
Non é certo que os libros fagan aos lectores seres insignificantes; máis ben podemos pensar que é moi grande a sabedoría que estes atesouran.
Quen di que o liliputiense lector (que aí está sentado) non esté a ler un relato de Xoán Babarro González ou de Carlos Castán?
Non é certo que os libros fagan aos lectores seres insignificantes; máis ben podemos pensar que é moi grande a sabedoría que estes atesouran.
Quen di que o liliputiense lector (que aí está sentado) non esté a ler un relato de Xoán Babarro González ou de Carlos Castán?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







