venres, 28 de febreiro de 2014

LIBRO DE BUEN AMOR, Arcipreste de Hita




ARCIPRESTE DE HITA, Libro de buen amor, Anaya, Madrid, 2010, 166 páxinas.

[NC HIT lib]

Entroido, antroido, entroito...    son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Queres saber de onde xorden estas personaxes?
   
   Para entender a ambos personaxes primeiro hai que coñecer de onde veñen o Carnaval e a Cuaresma. O Carnaval ten a súa orixe no mundo clásico grecorromano, nas festas de saturnalia, en honor ao deus Saturno, ou nas bacanais, en honor ao deus Baco. Nelas dáse renda solta ao exceso e ao desenfreo nos praceres carnales, a gula e a lujuria. En cambio a Cuaresma ten a súa orixe na tradición cristiá. Simboliza a proba bíblica de Jesús de Nazaret ao vivir durante 40 días no deserto. A Igrexa Católica ao longo deses 40 días chama aos seus fieis a un periodo de penitencia, reflexión, ayuno e abstinencia.
   Na Idade Media, a rectitud da relixión cristiá podíase relaxar durante o periodo de "Carnestolendas". Recordemos, como indica Xullo Caro Baroja, que ata o século XVI non se comeza a utilizar o término Carnaval en castelán, posiblemente derivado de "Carnavale" de orixe veneciano. As Carnestolendas comezaban inmediatamente antes que a Cuaresma e esta antes de Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos. Esta data é movible e correspóndense co primeiro domingo logo da primeira lúa chea que aparece a partir do 21 de marzo. Corenta días antes, que corresponde a un mércores, terminaban as Carnestolendas co Mércores de Cinza. Os días previos, luns e martes a moral cristiá deixábase de lado para gozar dos praceres da vida ou realizar actos irracionales como trabucar palabras e colocar utensilios fóra do seu sitio. Polo si ou polo non, para non ser recoñecidos, a xente disfrazábase ou enmascaraba.



xoves, 27 de febreiro de 2014

LA CARRETERA, Cormac McCarthy

CORMAC MCCARTHY, La carretera, Debolsillo, 2007, Barcelona, 216 páxinas.

[NUC MCC car]

Esta é unha novela cunha historia moi desacougante ambientada nun futuro ben próximo. Publicada nos Estados Unidos no ano 2006, pronto foi editada en castelán. Tal vez axudou ao éxito editorial a versión cinematográfica protagonizada por Viggo Mortensen. Atentos á fotografía de Javier Aguiurresarobe.

**********
Él había traído el libro del chico pero el chico estaba demasiado cansado para leer. ¿Podemos dejar la luz encendida hasta que me duerma?, dijo. Sí, claro que podemos.
Estuvo mucho rato tratando de dormir. Al cabo se dio la vuelta y miró al hombre. Su rostro a la luz de la pequeña lámpara rayado de negro por la lluvia como un actor dramático de la antigüedad. ¿Puedo preguntarte una cosa?, dijo.
Naturalmente.
¿Nos vamos a morir?
Algún día. Pero no ahora.
Y todavía vamos hacia el sur. Sí.
Para no pasar frío.
Así es.
Vale.
¿Vale qué?
Nada. Solo vale.
Duérmete.
Vale.
Voy a apagar la luz. ¿De acuerdo?
De acuerdo.
Y luego, ya a oscuras: ¿Puedo preguntarte algo? Naturalmente.
¿Qué harías si yo muriera?
Si tú murieras yo también querría morirme.
¿Para poder estar conmigo?
Sí. Para poder estar contigo.
Vale.
Se quedó escuchando el goteo del agua en el bosque. Lecho rocoso, este. El frío y el silencio. Las cenizas del mundo difunto trajinadas de acá para allá por los crudos y transitorios vientos en el vacío. Llevadas, esparcidas y llevadas de nuevo.
**********

JOHN HILCOAT, La carretera, 2009, 112 minutos.



mércores, 26 de febreiro de 2014

MIÑA CASIÑA, MEU LAR, Rosalía de Castro

ROSALÍA DE CASTRO, Miña casiña, meu lar, Tambre, Vigo, 2012, 142 páxinas. Ilustracións de Jacobo Muñiz.

[PG CAS miñ]

Cando era tempo de inverno,
pensaba en donde estarías,
cando era tempo de sol,
pensaba en donde andarías,
¡Agora... tan soio penso,
meu Ben, si me olvidarías!



Amancio Prada canta Cando era tempo de inverno.

martes, 25 de febreiro de 2014

SILENCIO HABITADO, Olga Patiño

OLGA PATIÑO, Silencio habitado, Pigmalión, Madrid, 2013, 118 páginas.

[ PG PAT sil]

Incorporamos á sección de Poesía en Galego [PG] este libro da exprofesora do IES Francisco Aguiar, Olga Patiño, aínda que é unha edición bilingüe (os textos foron traducidos ao castelán por José Carpenter) que contén nas terceira parte seis relatos curtos.

**********
Asomeime ao agreste acantilado,
alí estaba o destino
aprendendo a sorrir.


Me asomé al agreste acantilado,
allí estaba el destino
aprendiendo a sonreír.

luns, 24 de febreiro de 2014

HORA DE LER


17ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Ata o día de hoxe viñemos propoñendo varias suxestións de lectura. 
Teremos que deixar de facelo? 
Lecturas sucesivas, non lecturas simultáneas...

venres, 21 de febreiro de 2014

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?, Philip K. Dick

 
PHILIP K. DICK, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Círculo de Lectores, Barcelona, 1991, 222 páxinas.
[NUC DIC sue]

   No noso capítulo de defectos non comparecen nin a ingratitude nin a soberbia. Seguro que teremos outros... 
   Esto ven a conto para subraiar o feito de que a repercusión pública que pode obter Alto Risco, a web do Instituto ou as páxina do Facebook pode facer pensar a alguén que agora sí hai movemento arredor da Biblioteca do IES Francisco Aguiar. 
   Pois ven, o adverbio agora cambiádeo polo abverbio sempre. Dende a lo menos o ano 2004, un grupo de profesores levamos traballando na procura da consolidación da Biblioteca como centro de xeración de sinerxias culturais e educativas do Instituto. 
   Sirva esta rememoración para sinalar que aínda estamos no centro algúns dos primeiros que adiantamos o paso (Xosé Luis Tato Bonome, Óscar García, Elvira Castro, Carmen Casillas e tantos outros); pero tamén temos que destacar, entre os de outros, o pulo e interés de Sonsoles González, Concha Delgado ou Concha Castro, profesoras que agora, lamentablemente, non traballan con nós diariamente. 
   Dunha daquelas actuacións conservamos o exemplar da novela que referenciamos hoxe. Que como chegou aos andeis da Biblioteca? 
   Trasladouse à Comunidade Escolar a participación nun Intercambio de Libros. Cada quen deixaba nunha caixa o exemplar que xa tiña lido e, en correspondencia, collía outro. A novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, naquel momento estaba descatalogada. Así sumouse aos nosos fondos. 
   Despois viñeron máis intervencións: o empeño de crear unha sección de Comicteca, capitaneado por Uxía López Meirama, a configuración do Blogue Alto Risco deseñado íntegramente por Xosé Luis Mosquera Camba e María Luisa Muiño, a feliz proposta de Hora de Lectura do Dinamizador Julián Ferrer... 
   Haberá tempo para outras historias. Bastará con retirar un exemplar da estantería, e zas...!!!!
   Será polas ganas de mollar, a media mañá, unha madalena no te da lembranza!
   En calquera caso, unha boa mostra de que somos humanos ou ben Nexus 6 de última xeración: temos recordos, temos sentimentos...

xoves, 20 de febreiro de 2014

QUEN CASA TEN DE SEU, Varios Autores

VARIOS AUTORES,  Quen casa ten de seu, Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 2009, 46 páxinas.

[ NG QUE ]

Este libro subtitulado Cinco contos na casa de Rosalía contén cinco relatos ilustrados. Marilar Aleixandre e David Pintor; Fina Casalderrey e Ramón Marcos; Helena Villar Janeiro e Iván Suárez; Miro Villar e Fausto; e Xosé A. Neira Cruz e Miguelanxo Prado fan parella; deste último reproducimos un dos magníficos debuxos que fai compaña o conto de Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro, suxestión de lectura desta semana.