luns, 30 de outubro de 2023

HORA DE LER

 


Death Reading from a Human Lectern, Congregation in Background. Así consta referenciado na Biblioteca Museo Morgan (NYC)  este singular debuxo do pintor romántico Eugenio Lucas Velázquez (Madrid, 1817-1870).
Con esta ambientación, resulta fácil comprender que, nesta semana defuntos, a axeitada proposta de lectura inclúa unha antoloxía de microrrelatos de terror e uns contos de Edgar Allan Poe e Ramón Otero Pedraio.
 

xoves, 26 de outubro de 2023

NINGUÉN QUEDA: ENCONTRO CON BRAIS LAMELA

 


 



 

O próximo mércores 22 de novembro gozaremos coa visita de Brais Lamela ao noso IES. 

Falará coas lectoras e os lectores do Club de Lectura de Adultos sobre a súa magnífica ópera prima.

Ninguén queda mereceu o Premio da Crítica 2023. 

Publicada por Euseino en xuño de 2022, ante a demanda dos lectores, non deixa de ser reimpresa: en setembro alcanzou a novena edición, un fito para calquera libro publicado en España, canto máis para un libro publicado en Galicia. 

Xa foi traduciada ao catalán e tamén ao español (cuatro lunas).

mércores, 25 de outubro de 2023

EL VERANO EN QUE MI MADRE TUVO LOS OJOS AZULES, Tatiana Țîbuleac



 

Hai libros que atrapan pola súa trama, pola historia que contan, pola descrición dunha época...

Tatiana Țîbuleac elixe privilexiar a potentísima voz de Alesky: unha voz violentada (e moi violenta) que capta o interese do lector que, engaiolado pola escandalosa poesía regurxitada pola gorxa lastimada de Aleksy (La poesía es un vómito de piedras preciosas [Carlos Edmundo de Ory],)  mesmo exime ao autor do cumprimento de certas verosimilitudes.

Ler El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes resulta ser unha experiencia catárquica. Unha novela de aprendizaxe que reitera motivos temáticos xa lidos en obras como O vixía no centeo: o dó, o reixetamento da figura materna, a desequilibrante ausencia da figura paterna, o desexo sexual na adolescencia, e, en resumo, a capital importancia que teñen os primeiros anos de vida na formación da personalidade.

luns, 23 de outubro de 2023

HORA DE LER

O próximo martes conmemórase o Día das Bibliotecas. 

#DíaDasBibliotecas 

#TecendoComunidades

Nalgunha das bibliotecas da contorna, tamén na Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, será doado atopar relatos que movan á inspirarción para participar no Concurso de [Micro]Relatos de Terror.

Entre as nosas propostas, relatos maxistrais de Castelao e Rafael Dieste, un conto popular transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros e unha proposta similar de Neil Gaiman.

martes, 17 de outubro de 2023

CONCURSO DE [MICRO]RELATOS DE TERROR


 


 


O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, como en cursos anteriores,  un concurso de relatos (ou microrrelatos) con temática de terror.

As propostas de lectura das próximas semanas, estarán marcadas polas historias de defuntos e o trasmundo.
 
Os traballos deberán ser enviados preferentemente ao correo da biblioteca: [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] co [Asunto: Concurso de relatos de terror] e o documento anexo en formato editable (doc, odt...).

luns, 16 de outubro de 2023

HORA DE LER


O martes 17 de outubro conmemórase o día das escritoras. 

Na ilustración de Fernando Vicente, Edith Wharton, Kate Chopin, Anaïs Nin, Jean Rhys, Katherine Mansfield e Flannery O'Connor. Estas autoras da órbita anglosaxona e outras seguro que serviron de estímulo á creación ás nosas autoras: Amaia Tomé, Berta Manteiga, Julia Nieto Mantiñán, Raquel Vázquez, Sara Parga Pérez e Valentina Sánchez Silva.