martes, 29 de outubro de 2013

LIBELLUS DE NATURA ANIMALIUM, Raúl Gómez Pato

RAÚL GÓMEZ PATO, Libellus de natura animalium (Libriño sobre a natureza dos animais), Santiago de Compostela, Positivas, 1998, 120 páxinas.

[***]

**********
Positivas editou no 1998 o Libellus de natura animalium (texto anónimo a cabalo entre os śeculos XIV e XV). Este fermoso Bestiario, traducido do latín ao galego por Raúl Gómez Pato, contén 51 gravados dos que é el tamén autor.
**********

XXXV. PROPIETAS EQUI

   Proprietas equi est talis quod, si staret quinque diebus quod non potaret, tunc sentit aquam, si iaceret centum pedibus subtus terram.
   Unde per equum, qui manet quinque diebus quod non bibat, sentit aquam, id est homO, qui ieiunat, cessando se a peccatis et in bonis operibus operando, sentit aquam, id est Dei gratiam et favorem; nam per ieiunium carnis superbia maceratur, iuxta illud beati Gregorii: "Camis terat superbiam potus cibique parcitas".

***

35 O CABALO

   A propiedade do cabalo é que se estivese cinco días sen beber, escoitaría a auga, aínda que estivese a cen pés baixo terra.
   Así polo cabalo, que pasa cinco días sen beber e escoita a auga, podernos entender o home, que xaxúa, absténdose dos pecados e actuando con boas obras, e sente a auga, é dicir, a graza e o favor de Deus; pois polo xaxún da came abrándase a soberbia, tal como escribiu San Gregorio: “A moderación tanto no beber como no comer debilita a soberbia da carne”


Ningún comentario:

Publicar un comentario