Este luns retomamos a proposta Hora de lectura.
Pretendemos que todos os alumnos da ESO adiquen os primeiros 15 minutos da clase á lectura silenciosa: un tempo relaxado de lectura que agardamos vaia callando neles como unha experiencia pracenteira e útil.
1ª SEMANA [1ª SESIÓN]
***
Os alumnos levarán os seus libros, pero tamén haberá nas aulas suxestións de lectura. Neste tempo, preámbulo de defuntos e ultratumbas, unha selección de microrrelatos de terror e algún conto no que un morto ben arrepentido non para de falar.
¡Que boa pinta a suxestión...e que medo!
ResponderEliminar