Que reflicte a fotografía? Pois, o moi solemne momento da entrega
oficial á Biblioteca do IES Francisco Aguiar dos libros de poesía, que
publicou Raquel Vázquez nos tres últimos anos. Co último, Luna turbia, foi a gañadora do prestixioso Premio Gloria Fuertes de poesía joven.
Non sorprende que ao lector advertido se lle amoreen as preguntas:
- Foi unha lousa tan grande a estadía no IES Francisco Aguiar para Raquel? Nada máis saír do Instituto comezou a súa imparable carreira literaria.
- Como podería ter sido de aproveitado a súa aprendizaxe, se non topase con certos profesores, dos que din que imparten clase no Aguiar? Pensade mesmo nalgúns que ata sorrín co seu optimismo intacto.
- Entregar, entregou tres poemarios, pero...Vós cantos vedes na foto?
NOTA PARA ADVERTIDOS/DIVERTIDOS LECTORES/AS:
ResponderEliminar¿Vedes tres poemarios? Non vos deixedes guiar só polos enganosos sentidos...¿que se agacha na man escondida ?
¿optimismo intacto? ¿qué menos se pese a todo e todos nos seguen a aparecer escritoras da fondura e calidade da "nosa" Raquel.
¿lousa? ¡Non! catapulta