martes, 22 de abril de 2014

HORA DE LER

24ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Nesta semana tiñamos previsto sinalar enfáticamente a importancia do libro.

A Unesco escolleu acertadamente o día 23 como o Día Internacional do Libro en lembranza das figuras de tres grandes escritores: nese día foi o enterro de Miguel de Cervantes Saavedra (segundo o calendario gregoriano), a morte (e probablemente tamén o nacemento) de William Shakespeare (segundo o calendario juliano) e a morte de Inca Garcilaso de La Vega.

A morte de Gabriel García Márquez este 17 de abril entristece as nosas festas, aínda que  Kestutis Kasparavicius veña a falar de libros voadores e mesmo a memorable personaxe Gabriel García Márquez tivera a ben tamén voar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario