luns, 23 de xuño de 2014

A-Z, Xesús Fraga

 

XESÚS FRAGA, A-Z, Xerais, Vigo, 2003, 182 páginas.

 [NG FRA a-z]

    Hoxe, no noso IES, coincidiron felizmente pasado, presente e futuro.
   Xesús Fraga visitou a biblioteca do noso centro.
   A súa admirable pretensión: facer unha doazón particular de libros para que nos nosos andeis rechamen as novidades editoriais.
   Ao seu carón, os seus fillos, moi atentos ao relato do seu pai, exalumno do centro, que lles ía indicando as aulas onde cursara el estudios. Aínda que lles quedan a estes pacientes e educados rapaces un lote de cursos no Vales, esperamos recibilos para transmitir a testemuña do nosa modesta sabedoría: ao fin e ao cabo, niso consiste a roda xeneracional.
   Unha nova visita de Xesús non debería tardar tanto. No curso 2014/2015 a súa novela O elefante branco (Premio Frei Martín Sarmiento 2014), ben seguro que terá moitos lectores. 
   Tamén pronto esperamos dar noticia na sección Chegou ata os nosos oídos... da web do Instituto da publicación de Reo (Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 2013), narración que contén todos os ingredientes para se converter en novela de culto entre os nosos lectores, que mentras poden disfrutar de A-Z.


Ningún comentario:

Publicar un comentario