martes, 17 de xuño de 2014

BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ [IES FRANCISCO AGUIAR]


Todos os profesores entramos día tras día no aula coa pretensión de ensinar.
A algúns lles resulta fácil chegar aos alumnos e deixar ben explicados o bienio reformista, o atributo, a reacción catódica, ou o coseno e a tanxente.

Sebastián era un deses afortunados. Pero os seus alumnos, para referirse a el non falan de declinacións e ablativos absolutos. Todos coinciden en sinalar que Sebastián ensinoulles a ser.

Acerta a Comunidade Escolar ao dignificar a Biblioteca co nome de Sebastián Buedo Jiménez.
Unha Biblioteca non é só un depósito de libros máis ou menos irrelevantes. Tamén é un lugar de encontro e un espazo no que se cultiva a superación e o esforzo.
Desde hoxe é tamén un pequeno templo na súa memoria que nos recorda co exemplo vital de Sebastián unha das nosas obrigas: levantarnos cada día co afán de ser mellores para conseguir que o noso mundo sexa mellor.



2 comentarios:

  1. É unha pena non poder estar mañá na inauguración da nova nomeada biblioteca, pero pena moito meirande é que non poida estar Sebas, aínda que dentro de cada un dos alumnos que foi tendo ao largo dos anos sempre quedará un pedazo, dun cachiño, dun anaco do que aprendimos del e nos marcou para o futuro, mentras seguimos recordando a unha persoa nunca deixa de estar con nós de todo.

    ResponderEliminar