xoves, 2 de outubro de 2014

HAMLET, Franco Zeffirelli

FRANCO ZEFFIRELLI,  Hamlet, 1990, 135 minutos

[DVD HAM]

**********
Empregar dúas horas en ver esta adaptación do Hamlet pode ser unha boa iniciativa despois de ter lida a obra teatral. Literatura e cine comparten códigos...pero unha adaptación teatral ou fílmica sempre é o resultado da visión e interpretación dun director. Zeffirelli ten feitas moitas adaptacións, algunhas ben almibaradas. Queda a posibilidade de elexir completar, nunca sustituir a lectura. Mel Gibson o ten moi claro, aínda que agora mesmo o deixemos dubidando.
**********

Ningún comentario:

Publicar un comentario