sábado, 7 de decembro de 2019

CALENDARIO AGUIAR 2020

Xa está na imprenta o Calendario Aguiar 2020.
Cando comezou o curso 2019-2020 o Equipo da Biblioteca desexou engadir ás súas boas prácticas a elaboración dun calendario composto por ilustracións (con textos alusivos) do seu felizmente creativo alumnado.
En outubro apareceron publicadas as bases do concurso neste blog e na web.  
O Equipo da Biblioteca, os profesores de linguas, e, en particular, os de Educación Plástica e Visual (Marta Penalonga e Xosé Manuel Rey Bao), fomentaron  a participación dos alumnos. A selección dos traballos elexidos foi, como ven sendo de cotío, dificultosa, pois para algún dos meses do ano poderíamos ter premiados varios dos debuxos.
Unha vez composto o traballo tocaba buscar un patrocinador para costear os gastos da impresión.
Corresponde agradecerlle ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, aos de Educación Plástica e Visual (Marta Penalonga e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo récord—. 
A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento.
Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel [neste momento a 18.500 dos 330.000 euros necesarios] a CRIS: Cancer Research Innovation Spain.
 
Entre os nosos motivos de satisfacción, todos nosos alumnos, e, entre eles: Pablo Gilsanz, Lía Janeiro, Noel Balsa, Inés Fraga e Judith Otero [primeira fila], Matilda Silva, María Lata, Inés López, Claudia Pérez, Sara Sánchez e Andrea Segade [primeira fila].
 Sara Sánchez Negoitia

Nuria Beiro Doldán

Ningún comentario:

Publicar un comentario