A práctica do mergullo é case inevitábel cando entras en moitas
librarías e quioscos á procura de literatura en galego. Lánzaste de cheo
e braceas entre bestsellers e semellantes, até chegares ao estante
onde recoñeces a fisionomía dalgunha das nosas editoras favoritas. A
heroicidade recoñecerancha definitivamente cando o que procures sexan
libros en galego-portugués ou noutros portugueses.
Imaxina agora procurar esa literatura en galego en formato electrónico! Falamos dos famosos ebooks. Por poder, podes topar obras de Rosalía en mil sitios, mais… E se quixermos ir alén? A seguir ofrecémosvos 16 espazos básicos para encontrar literatura en galego en formato electrónico, e outros 17 extras, moitos deles con libros en portugués.
Hai máis extras que básicos? Caso instales o portugués entre as túas
capacidades (ter témola, só que non nola activaron de serie), verás que
resulta un “plugin” fundamental que amplía e moito as nosas opcións. Muito recomendável!
Ningún comentario:
Publicar un comentario