mércores, 1 de abril de 2020

#EUQUEDOLENDO

A Asociación de Tradutores Galegos creouse en 1985 para potenciar a tradución á nosa lingua como ferramenta para a súa normalización. É unha asociación non profesional de tradutores que realizan o seu labor fundamentalmente no ámbito literario.

Á parte de apoiar a tradución literaria ó galego, a iniciativa máis importante que desenvolveu a ATG é Bivir, a Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego.

O proxecto de Biblioteca Virtual BIVIR da ATG pon en galego obras da literatura universal libres de dereitos, que calquera pode descargar gratuitamente en formato PDF tanto da nosa web como doutros provedores, por exemplo, amazon.es.

Ademais, a ATG e o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo publican conxuntamente Viceversa, unha revista académica centrada na tradución desde a perspectiva galega.

Nesta ligazón espérannos William Blake, Virginia Woolf, James Joyce...

Ningún comentario:

Publicar un comentario