Escoitar a Edurne Portela é aínda máis embriagador que ler o que escribe.
Medio cento de persoas gozamos onte co magnetismo desta escritora vasca que compartiu con nós boa parte do proceso no que ela se achegou á figura de María Josefa Sansberro ata convertila na protagonista de Maddi y las fronteras, novela editada por Galaxia Gutenberg.
Soubemos das dificultades para elixir unha voz narradora, do reto ético que supuxo para a escritora abordar a subxetividade da personaxe de ficción a partir de documentación sobre a muller real e tamén do tormentoso proceso de achegarse á vida de alguén que padeceu os horrores do nazismo.
Edurne chegou ata Biblos da man de Javier Pintor. A ambos, o noso sincero agradecemento por facernos gozar coa boa literatura.
Crónica: Carmela González
Fotografías: Tucho Calvo
Ningún comentario:
Publicar un comentario