venres, 30 de xaneiro de 2015

EL ROSTRO DE LA SOMBRA, Alfredo Gómez Cerdá


ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, El rostro de la sombra, SM, Madrid, 2011, 160 páxinas.

[NC GOM ros]

Os alumnos do clube de lectura de 3º da ESO que disfrutaron desta lectura, propiciaron que vai a ser lida por alumnos de 4º. Todos estes lectores, poderán acudir ao encontro con Alfredo Gómez Cerdá o día 26 de marzo no noso instituto. 

xoves, 29 de xaneiro de 2015

DENDE O CONFLITO, María Reimóndez

MARÍA REIMÓNDEZ, Dende o conflito, Xerais, Vigo, 2014, 304 páxinas.


[NG REI den]

Engadimos á etiqueta de novidades a novela que obtivo o Premio Xerais de Novela 2014.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

I FESTIVAL INTERNACIONAL DE POESÍA CIDADE DE BETANZOS, Varios Autores

MARÍA VICTORIA ATENCIA & AL, I Festival internacional de Poesía Cidade de Betanzos, Concello de Betanzos, Betanzos, 2006, 130 páxinas.

**********
Editado polo Concello de Betanzos, este libro ofrece en edición bilingüe unha selección de poemas de poetas de altísimo nivel: dende o vasco Bernardo Atxaga, ata o belga William Cliff. As traducións ao galego dos orixinais son responsibilidade de Luciano Rodríguez.
Volverán estes tempos de promoción cultural municipal?    
**********

O TEMPO DA FAMILIA

Aquí estou
O fillo inútil dunha grande familia
Confundindo ao soletrear os nomes dos meus irmáns
O meu pai aconsellábame paciencia
Dicía:
Meu fillo,
Un día has derrotar o tempo.

Pero aquí estou
Despois de décadas
Loitando co solpor do tempo
Rebelándome contra o Máis Alá.

Desaparecín dos seus futuros plans
Mentres outros gardan o segredo da familia.

Ao meu pai aínda lle importa o tempo
Sabe cal é o seu significado.

Esquecerano todo
Mais conservan o porvir dos nomes.

Xa non teño ontra cousa
Mais que este tempo arrasador.

A familia
E o anzó da pesca do meu poema.
Abdul Hdi Sadoun
[Iraq]

martes, 27 de xaneiro de 2015

EL MINOTAURO GLOBAL, Yanis Varoufakis


YANIS VAROUFAKIS, El minotauro global, Capitan Swing, Madrid, 2012, 334 páxinas.

[33 VAR min]


Palabras gregas: Polis. Crisis.
Economía e cultura clásica...ou unha interpretación (que resultará) clásica das doenzas da nosa economía.

luns, 26 de xaneiro de 2015

HORA DE LER





15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

   Despois de levar, neste ano, catorce semanas facendo amables suxestións de lectura, comezamos este luns cunhas gratas imposicións. Aprendede a vivir seguindo os mandados de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

venres, 23 de xaneiro de 2015

CONCURSO DE RELATO CURTO: CÓNTAME UN CONTO







   O concurso está aberto ao estudantado de ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita antes do 28 de febreiro de 2015

   O pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Fundación Meniños quere conmemorar este aniversario coa posta en marcha do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto.

   Escritores galegos de recoñecido prestixio, como Manuel Guisande, María Canosa e Carlos López (Chinto) formarán o xurado, designado pola Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña. O concurso está aberto ao estudantado de ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal, inédita e que se ateña ás seguintes bases.

   Os relatos enviados non poden ter unha extensión maior de 800 palabras ou menor de 600 e a súa temática fará alusión ao tema dos valores da infancia en positivo. Pódese obter más información do traballo de Meniños, a modo de inspiración, neste enlace.

   O premio consistirá nun lote de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños. O resultado do concurso será comunicado á persoa gañadora e publicarase no blog de Meniños. Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar ata tres accésits que serán difundidos tamén no blog da Fundación Meniños.

   Ao participar menores de idade, o relato terá que ser acompañado de unha comunicación responsable na que o pai, nai ou titor/o do autor ou autora indica que o/a autoriza a participar no concurso. O prazo de presentación pechará o día 28 de febreiro de 2015.



xoves, 22 de xaneiro de 2015

BLACK, BLACK, BLACK, Marta Sanz

MARTA SANZ, Black, black, black, Anagrama, Barcelona, 2010, 332 páxinas.

[NC SAN bla]

Despois do edificante e fructífero paso de Marta Sanz polo noso instituto quedaron moitas dúbidas aclaradas. Por exemplo, o título nos só pretende recordar a secuencia de golpes secos dun disparo ou unha agresión; tamén pode ser entendido como un balbuceo torpe: o bla bla bla, de moitas novelas que pretenden ter entretido a un lector que non desexa coñecer a ponzoña do mundo.