venres, 20 de outubro de 2017

A ELEGANCIA DO SÉCULO, Pura Tejuelo

PURA TEJUELO, A elegancia do século, Xerais, Vigo, 2017, 66 páxinas.

[NG TEJ ele]


A RECEITA DUNHA TORTA

Fun rememorando a receita daquela torta
que nunca farei
mitigando o desánimo que traen os récordos.
Dous meses collendo a mesma ruta de ida por volta
ao hospital.
Ela non me recoñece
pero alédase cando comentamos os ingredientes da sobremesa.

De volta
adorméntanse os bancos do autocar
envoltos nun lenzo de reberetes amarelentos que trae
a tarde,
resplandores intermitentes
que caen inclinados sobre a caluga e entretéñense nas mans.
Os viaxeiros incorpóranse á durmideira dos que van ao seu destino.

Algúns asentos viaxan de costas,
preguntóme se non perderían o norte,
se estarían afeitos ao mareo,
despedíndose das cousas
que outros comenzarían a ver.
É como perderse.

Talvez acordasen
co engado da receita dese doce
que nunca farei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario