martes, 3 de outubro de 2017

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA BIBLOS AGUIAR

WILLIAM MAXWELL, Vinieron como golondrinas, Libros del Asteroide, Barcelona, 2006, 203 páxinas.
**********
Xa temos data para o primeiro encontro do Club de Lectura Biblos Aguiar na súa quinta edición.
O  luns 30 de outubro ás sete da tarde na Libraría Biblos alomenos arredor de 25 persoas sentaranse a falar coa escusa de ter lida a novela de William Maxwell. 

Como sempre acostumamos,  convén recordar que este Club de Lectura estará sempre aberto a novas incorporacións, ben para esta primeira reunión ou as próximas. 

Podemos xa adiantar que a seguinte sesión será o día 27 de novembro. Tras a lectura de Luns teremos a sorte de falar coa súa autora, Eli Ríos., que ven de gañar con esta novela o Primeiro Premio Torrente Ballester en lingua galega.


Ningún comentario:

Publicar un comentario