Chegou aos nosos oídos que a nosa [ex] alumna Lucía Mosquera Suárez ven de merecer o Premio á mellor obra de non ficción e a Mención a mellor dirección no Facom Fest pola película documental Onde fomos xuntas, traballo de fin de grao de Lucía e a súa compañeira Marta Alborés Prejigueiro.
Onde fomos xuntas consegue transmitir ao espectador un relato sobre a sensibilidade das persoas que pertencen á xeneración destas novas creadoras: as expectativas, a comprensión do mundo, os diferentes medos, aspiracións e visións da vida deste grupo nado a cabalo entre o século XX e o XXI.
Cinco capítulos para compoñer, a modo de colaxe, un díario íntimo, mediante a xustaposición de vivencias concretas, caracterizan esta obra na que destaca a experimentación visual, patente na súa montaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario