xoves, 7 de novembro de 2013

MEMORIAS DE ADRIANO, Marguerite Yourcenar


MARGUERITE YOURCENAR, Memorias de Adriano, Edhasa, Barcelona, 1989, 272 páginas.

[NUC YOU mem]

**********
Empezarei cunha declaración de amor a primeira vista. Namoreime dista sección nada máis saber dela. Explícome. O río que pasa polo meu pobo, o río Leza, ten un tramo no que prácticamente desaparece da superficie. Poucos kilómetros máis abaixo reaparece en forma de gran chorro de auga que aparentemente nace, e faino cunha forza descomunal do medio dunha parede. É o recordo que me suxire esta sección do blogue da biblioteca porque creo que sacará á luz unha riqueza non sempre visible pero real.

O libro que teño entre mans está moi desgastado. Debo recoñecer que son un “vicioso” das segundas lecturas. Neste caso creo que xa vou pola terceira, pero non me importa. De cada vez descubro cousas novas .

Como a propia autora di “los historiadores nos proponen sistemas demasiado completos del pasado, series de causas y efectos harto exactas y claras como para que hayan sido alguna vez verdaderas; reordenan esa dócil materia muerta, y sé que aun a Plutarco se le escapará siempre Alejandro”. Neste libro presentansenos as reflexións dun gobernante, o máis poderoso da terra no seu momento. Pero non é unha historia de poder, nin de heroes épicos. Podemos ver a través do diario do protagonista a trastenda dese poder abstracto que ás veces explicamos nas clases de historia : a enfermidade do corpo que limita sen contar co protocolo; a pasión e a emoción dirixindo imperios á par que a razón de Estado; a dúbida, o temor, a indecisión como ingredientes omnipresentes en cada decisión.

E, no medio de todo isto un arsenal sempre renovado de pensamentos suxerentes...

“”Reconstruir (…) es volver a encontrar bajo las piedras el secreto de las fuentes” (px. 107)

“...cada hombre está eternamente obligado, en el curso de su breve vida, a elegir entre la esperanza infatigable y la prudente falta de esperanza, entre las delicias del caos y las de la estabilidad, entre el Titán y el Olímpico. A elegir entre ellas, o a acordarlas alguna vez entre sí.” (px. 115)

“...sus contradicciones no eran más que una modalidad de su acuerdo” (139)

¡Ah, claro! ¡queredes saber que libro desgastado que traio, unha vez máis, entre mans! Pois é: “Memorias de Adriano” de Marguerite Yourcenar, Edhasa, 1989 (19ª reimpresión)

Julián Ferrer

Ningún comentario:

Publicar un comentario