mércores, 11 de novembro de 2026
ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES
luns, 9 de novembro de 2026
TEMPO DE LECTURA
Marie Laurencin pintou este grupo de artistas.
A figura que ocupa o espazo central ten nas mans un libriño no que, dificilmente, poidan caber o relato de Julián Ayesta ou os versos de Dores Tembrás.
Ou si?
luns, 2 de novembro de 2026
TEMPO DE LECTURA
«El libro es un pájaro con más de cien alas para volar», dicía Ramón Gómez de la Serna.
Parece que os corvos que pintou Gisella Navarro teñén interese en ler as suxestións desta semana.
luns, 26 de outubro de 2026
ENCONTRO CON XABIER LÓPEZ
Contrabiografía é un artefacto literario culturalista e esixente.
Xabier López emprega unha voz autorial que intermedia co lector, que presencia, ben advertido, un relato que se vai cocendo ante os ollos do lector.
Para esta work in progress, que mellor estrutura que a da cebola, símbolo tamén dunha reminiscencia proustiana que leva ao lector ata obrador onde crepita o rustrido das empanadas.
Todos sabemos que o noso nacemento é un accidente. Procurar unha explicación a esa orixe esixe indagar sobre os nosos devanceiros, tarefa case sempre imposible para moitos de nós.
Ao longo desta novela, que reflexiona sobre en que consiste a construción dunha novela, sucédense diversas historias intercaladas que tentan a paciencia do lector, que deberá proseguir a camiñata da man do autor, para chegar a comprender que esta Contrabiografía podería ter sido titulada Cartobiografía.
Un dos méritos inequívocos de Xabier López é contar a historia da súa xénese familar á par que presentar unha xeografía física, literaria e sentimental sobre os camiñantes de todas as épocas que cruzaron e seguen a cruzar as pontes, todas as pontes.
E como a literatura sempre será unha ponte, agradecémoslle a Xabier López a profundidade das súas reflexións sobre a construción e as ruinas, o horror e a vinganza.
Será un pracer volver a coincidir lonxe de barbarie, nun lugar que si exista, non en calquera Bali-Hai.
TEMPO DE LECTURA
Chegados a este momento do ano, pouco medo hai que terlle ao medo.
Inspirados polo ilustrador David Vela, aceptamos o risco de ler historias de terror e relatos protagonizados por quen experimenta o sexto sentido.
sábado, 24 de outubro de 2026
ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES
ARANTZA PORTABALES, Asasinato no muíño do cura, Galaxia, Vigo, 2026, 388 páxinas.
O martes 3 de novembro, ás 19 horas, recibiremos a visita de Arantza Portabales, coa que poderemos falar sobre o Asasinato no muíño do cura.
luns, 19 de outubro de 2026
TEMPO DE LECTURA
Claro que o máis oportuno é levar na mochila o libro que esteamos a ler.
De telo esquecido na casa, podemos optar polos poemas de Ismael Ramos ou un fragmento narratimo de Aroa Moreno.
mércores, 14 de outubro de 2026
TEMPO DE LECTURA
Que clase de libro ven sendo o que agacha un revolver???
Nesta [micro] semana as suxestións de lectura van cargadas!!!
martes, 13 de outubro de 2026
luns, 5 de outubro de 2026
TEMPO DE LECTURA
En 1964 Hal David escribiu unha letra para a melodía de Burt Bacharach A house is not a home. A chair is still a chair / Even when there's no one sitting there / Ooh, but a chair is not a house / And a house is not a home / When there's no one there to hold you tight / And there's no one there you can kiss goodnight.
Tan certo como que non ter casa imposibilita crear un fogar.
Ben claro o deixaba Silvia Pérez Cruz no 2016: Es indecente y es indecente / Gente sin casa y casa sin gente / Es indecente (casa sin gente).
Dez anos despois, segue a ser imprescindible esta reinvindicación.
Que os textos de Julio Cortázar ou Brais Lamela permitan manter o desexo de transformación e aviviar as faíscas da esperanza.
martes, 29 de setembro de 2026
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Estamos a piques de reiniciar o curso lector do Club de Lectura de adultos do IES Francisco Aguiar.
Para o primeiro trimestre xa temos fixadas as visitas de Xabier López, Arantza Portabales e Raquel Vázquez.
O mércores 14 de outubro, ás 19 horas recibiremos a Xabier López para falar da súa Contrabiografía (Galaxia, Vigo, 2024).
O martes 3 de novembro falaremos de novo con Arantza Portabales; nesta ocasión sobre Asasinato no Muíño do cura (Galaxia, Vigo, 2026).
Arredor do 14 de decembro, en data aínda por determinar, Raquel Vázquez recitará e cantará poemas de Nodo norte (Letraversal, Málaga, 2026), e, obviamente, tamén falará sobre a cartografía do seu poemario.
Todos as persoas interesadas en engadirse a esta aventura que comezou no 2014, poden comunicar esa vontade enviando un correo ao da biblioteca:
bibliofranciscoaguiar@gmail.com
luns, 28 de setembro de 2026
TEMPO DE LECTURA
Hai días nos que non hai paraguas que protexa plenamente da chuvia.
Nas mans, as historias de Marica Campo ou Vicente Gallego.
luns, 21 de setembro de 2026
TEMPO DE LECTURA
Nesta semana na que unha expedición de 1º de BAC viaxa a Budapest, nada máis acaído que unha fotografía de André Kertész, o fotógrafo dos lectores, e unha antoloxía do microrrelatista Itstván Örkény.
E como chega o momento de que algúns lectores acepten o reto de escribir, adxuntamos unha selección de relatos sobre o Vákner, que poden ser inspiración para participar no certame 2026.
luns, 14 de setembro de 2026
TEMPO DE LECTURA
Aínda temos presentes as tardes nas que descansabamos da auga coa lectura.
Agora, de volta ás aulas, comezamos Tempo de Lectura.
Domingo Villar, entre outras, fala dun boniteiro francés que se dirixía a Ferrol.
John Updike, da orfandade das pisicinas.
Nós seguimos a asumir o risco de ler... non importa moito desde que lugar.
mércores, 17 de xuño de 2026
ENCONTRO CON EVA LOSADA CASANOVA
EVA LOSADA CASANOVA, Las voces del jilguero, Funambulista, Madrid, 2025, 320 páxinas.
ENCUENTRO CON EVA LOSADA
No son pocos los lectores que cifran la calidad de un libro en su deseo de atravesar la ficción para convertirse en amigos del, amantes del, hijos del... protagonista.
Leer Las voces del jilguero exige un ejercicio de empatía que, difícilmente, estimulará en el lector esa querencia: secundarios y protagonistas de esta magnífica novela están llenos de aristas que rasgan esa hipotética pretensión.
Las voces narrativas, perfectamente configuradas y reconocibles, incluso en sus toses y carraspeos, van desgajando la historia común a borbotones. El lector deberá estar atento para reconocer los sutiles hilos con los que Eva Losada Casanova liga cada una de las veintinueve secuencias, que pivotan sobre una magnífica prosa entreverada de símbolos, metáforas y aforismos, que otorgan sentido a la tragedia que corroe estas vidas tan mal vividas.
El abandono, el amor verdadero, la maternidad, la muerte, el sentido de la pertenencia (a la familia, al grupo de exalcohólicos, al grupo de mujeres explotadas). En tantas circunstancias coinciden Irina, Aurora y Margot/Dolores.
La vida sucede en sociedad y somos tanto lo que creemos ver en nosotros como lo que nos atribuye la mirada de los otros.
Pronunciar en voz alta lo leído con la misma pretensión de Orfeo: rescatar de la muerte, con el tañido del violín, a nuestra Eurídice.
Leemos: «La vida no es un sueño, es el eco de los cuentos que nos contaron de niños, el eco de aquello que otros inventan para nosotros».¿Cómo no reconocer el insoportable peso de la infancia?
Y, llegados al final, el lector puede querer seguir confundiendo la lectura con la vida.
Porque la lectura puede ser tanto un sortilegio para la resurrección como un atajo para evitar la realidad. Y la belleza, ese flotador al que aferrase en cualquiera de las tempestades a las que insistimos en llamar vida.
Francisco Rodríguez Coloma
&
Inés Rodríguez Eibe
luns, 15 de xuño de 2026
TEMPO DE LECTURA
Xa sentimos a chamada do iodo, o salitre, a area e as algas...
Por iso, para pechar esta última semana de Tempo de lectura, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.
luns, 8 de xuño de 2026
TEMPO DE LECTURA
luns, 1 de xuño de 2026
TEMPO DE LECTURA
As cidades foron unha das construcións humanas máis transformadoras da sociedade e... da paisaxe. Pablo Cid Castro (a quen felicitamos polo premio literario que ven de conseguir) e Dino Buzzati reflexionan tamén sobre o que o home ten perdido na urbe.
xoves, 28 de maio de 2026
BIOBLIOTECAS ESCOLARES
Santiago, 28 de maio de 2026
domingo, 24 de maio de 2026
TEMPO DE LECTURA
Paixón procede do latín passio, -onis que significa etimolóxicamente sofrimiento" ou padecimento.
Os relatos futboleiros desta semana permiten obter non pousas leccións de vida.
E hoxe, si, somos moitos apaixonados que sabemos que a fronteira entre o éxtase e o martirio é, en non poucas ocasións, imperceptible.
E claro que si: ler é unha experiencia de primeira.













.png)












.png)