O pasado venres 22 de abril celebrouse a última reunión do club de lectura presencial de 2º de Bacharelato, despois de ter quedado en varios recreos al longo do curso para realizalo. Nesta ocasión se proxectou a curtametraxe de Áchero Mañas Paraísos Artificiles, que conta as experiencias dun rapaz con distintas drogas. Este, atópase nunha clínica e recorda o primeiro que o fixo sentir nese paraíso no que el di estar cando consume drogas, as voltas que lle daba o seu pai cando era neno. Despois, os recordos pasan á sensación que sentía cando esnifaba pegamento, pero isto foi aumentando cando comezou a fumar hachís, pero non sería nada comparado co LSD, que o facía pasar por todo tipo de alucinacións, malestares..., ata chegar a ese paraíso que el buscaba, que se representa nunha escena moi significativa no corto, onde el aparece rodeado de pétalos de rosas. Finalmente, a heroína, aínda que xa di que el é así, que está farto de todo, e que xa lle da igual morrer. Esta é a escena final, a da crucifixión nunha xeringa, moi impactante, como metáfora de que iso é o único que o sostén. É a imaxe dunha persoa acabada, sen ganas de vivir, que non busca pracer noutra cousa que non sexan as drogas.
Este corto foi moi impactante, polo simple feito de que non é un alegato contra as drogas, senón que as presenta como o que realmente son , os efectos que producen e o que fan sentir, pero en ningún momento as critica, simplemente deixa a elección de cada un; por iso a toda a clase nos deixou boquiabertos.
Noelia Barbeito
Ningún comentario:
Publicar un comentario