venres, 27 de maio de 2016

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2015/2016 [01]


A festa con que cada ano celebramos a graduación dos alumnos e alumnas de 2º BAC nunca defrauda como concentrado de emocións e momentos inesquecibles.  Comezamos unha pequena crónica das moitas facetas do dito acto cunha crónica de urxencia que debemos agradecer a Francisco que actúo como fotografo atento. Comecemos polo recoñecemento aos interviñentes.

As presentadoras, a piques de saír a escea, en tensión. Estiveron encantadoras, espontáneas, chispeantes, divertidas...xeniais conductoras.

Tras a pertura do acto co discurso do Director, José Manuel Montero, chegaron as réplicas dos alumnos.


Quen dixo que os de Ciencias non sabían de escribir. Parabéns a estas dúas valentes e ghuapísimas Penélope e Ainhoa!

Un grito dende o máis fondo da selva...Enerxía e dinamismo de parte das rapazas de "Danzarte" moitas delas alumnas do Aguiar.  

 
 Grande presenza de Javi e Ángela representando ao alumnado de letras. Emotivo discurso. Emocionante recoñecemento a Pilar... de "sus niños".

 


Como vén sendo habitual,  participación do alumnado de música dirixido por Blanca. Grazas a estes rapaces e á súa profesora,  que actúan malia as condicións acústicas e as dimensións do escenario!


Collemos as letras, barallámolas e tanto ten Antía e Tania. Unha bomba de sinceridade, espíritu crítico e alegría. Grazas especialmente a Tania polo esforzo e a Ana inspiradora.

Unha ledicia abranguer un percorrido dende os primeiros cursos con Elvira ata os derradeiros con Xan. Cervantes e Rosalía man a man. Que voces...e que presenza! Bravo polos dous!

 Primeiros sonidos da viola e do piano, última escoita para afinar... e os aplausos guasones da parte divertida do público. Soa Bohemian Rhapsody. Faise o silencio. Medra a emoción. Desafiando as condicións acústicas Carlota e Blanca conseguiron captar ao público enteiro. Parabéns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario