martes, 10 de maio de 2016

MANUEL MARÍA. VIDA, VERSOS E REBELDÍA, Manuel Veiga & Xosé Lastra

MANUEL VEIGA & XOSÉ LASTRA, Manuel María. Vida, versos e rebeldía, Xerais, Vigo, 136 páxinas.
[PG VEI man]


BANDO


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo …

Están fora da Lei
a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar …
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar …
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

Dase este bando en tal e cuale
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.
Ilustración: Nuria Díaz

Ningún comentario:

Publicar un comentario