luns, 17 de xuño de 2024

HORA DE LER

Hora de ler? Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias, mesmo no cheiro a cloro da auga das piscinas. 
Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.

luns, 10 de xuño de 2024

HORA DE LER

O sol do mes de xuño anuncia o comezo do fin do curso. 

Nós seguimos a ler, mesmo sen medo a saír voando!

Aí quedan un relato de Amaia Tomé e un conto de Emilia Pardo Bazán que agradarán a moitos lectores.

luns, 3 de xuño de 2024

HORA DE LER

 


Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das propostas para esta semana: Benjamín Prado e Berta Dávila.