luns, 11 de novembro de 2024

HORA DE LER

As landras e as follas dos carballos e os castaños caen ao chan para partillar cos cogomelos. 

A nosa conversa xirará sobre as historias de Arkadi Avérchenko e Amaia Tomé.

martes, 5 de novembro de 2024

HORA DE LER

Ler en silencio, na compañía dos outros lectores... 
Pode ser que das páxinas das suxestións de lectura emerxan xigantescos polbos, como na famosa historia de Verne, ou unha presenza que non sabemos definir, como no relato co que Sarai Pérez Castro ven de gañar o concurso de relatos de terror.