luns, 27 de outubro de 2025

HORA DE LER


Nestas datas que anteceden o día de defuntos, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida.
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.
Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película. 
 
 

luns, 20 de outubro de 2025

HORA DE LER

El libro es un pájaro con más de cien alas para volar. 

Ramón Gómez de la Serna. 

 

Como saídos dos tomos que alfombran o outono do lector, os relatos de Julián Ayesta e Etgar Keret ofrecen esta semana unha ventá á vida.

luns, 13 de outubro de 2025

HORA DE LER


«A beleza existe. Atópase máis aló dun límite onde debemos deternos constantemente; non podemos ir máis aló para captar ou tocar a beleza; só podemos contemplala desde este límite e recoñecer que, si, realmente hai algo aí fóra, na distancia». 

László Krasznahorkai

Aproximar os nosos ollos ao papel para contemplar o mundo.

As palabras como chave da epifanía: a exaltación do amor de Xavier  Seoane ou a exposición do horror de Francisco Casavella e Julio Llamazares.

luns, 6 de outubro de 2025

HORA DE LER

É certo que os relatos de Pedro Mairal e Somingo Villar captan o interese de moitos lectores...

Tamén o dese cabaliño que, pode ser, estea a soñar con deixar de ser un xoguete e comezar a rinchar...