luns, 1 de decembro de 2025

TEMPO DE LECTURA

Dicía Yevgeny Yevtushenko que «a poesia é a educacion da delicadeza na percepción do mundo». Entendemos que cando o poeta ruso fala de poesía pode estar a falar de todas as artes en xeral. Por iso, procuramos ler o mundo en toda a súa complexidade, reparando ata mesmo no máis miúdo para atopar a chave do universo. 
Só así cabe entender que, na ilustración de Riki Blanco, a muller e a ave (un corvo?)invirtan a posición da paisaxe: quen debería caer? 
Somos nós a imaxe que devolve ese espello?