xoves, 9 de marzo de 2017

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA BIBLOS AGUIAR: EL ARTE DE VOLAR, Antonio Altarriba & Kim


MARTES 14 de marzo de 2017
18:15
Reunión do Club de Lectura de Adultos Biblos Aguiar

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4

Este próximo martes reunirémonos en Biblos cos autores de El arte de volar: Antonio Altarriba e Kim.

El Arte de Volar from polinomio on Vimeo.

martes, 7 de marzo de 2017

NOS PREPARATIVOS DO 8 DE MARZO: DÁI DA MULLER

Esta tarde, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que mañá é un día adicado a suliñar que todos os días terían que ser o día da muller.



luns, 6 de marzo de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER



19ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Unha das posibilidades que ofrece a lectura é que permite viaxar ata lugares alonxados que, aínda nestes tempos de globalización, poden resultarlle ao lector mesmo exóticos. 
Con Matías Candeira imos da mán pola selva; Anxos Sumai lévamos pola ribeira do Ganga, a Varanasi.
Ilustración: Riki Blanco

venres, 3 de marzo de 2017

TO THIS DAY PROJECT, Shane Koyczan



LOS NIÑOS DE LA VIRUELA, María Solar

MARÍA SOLAR, Los niños de la viruela, Anaya, Madrid, 2017, 224 páxinas.

**********
María Solar nestes momentos presenta na TVG A Revista da  Fin de Semana. Los niños de la viruela non é a primeira novela traducida ao castelán. O ano pasado, sen ir máis lonxe, editou en Grijalbo Las horas robadas
Escollemos ler Los niños de la viruela porque relata a xesta dos vintedous nenos orfos que saíron en 1803 dun hospicio da Coruña para levar no seu propio corpo a vacina da varíola a América: a coñecida expedición Balmis

xoves, 2 de marzo de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER




18ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Pode que alguén veña ás clases sen ter deixado atrás aínda o antroido...
Para esta [mini]semana hai quedan estas suxestións de lectura: os relatos de Xosé A. Neira Cruz e Sandra Cisneros.