venres, 29 de abril de 2022

ENCONTRO CON THEODOR KALLIFATIDES: XOVES 5 DE MAIO [19 horas]

 

   

   O próximo xoves 5 de maio ás 19 horas, na Aula de Cultura do Concello de Betanzos, teremos a sorte de compartir conversa con Theodor Kallifatides. 

   
   A reunión está aberta, ata contemplar aforo, a todas as persoas interesadas na literatura e na defensa dos estudos clásicos. 
   
   Organizan: IES Francisco Aguiar, SEEC Galicia e S.O.S. Clásicas.
   
   Colaboran: Fundación Luis Seoane, Concello de Betanzos, Galaxia Gutenberg e Libraría Biblos.   

mércores, 27 de abril de 2022

SAFARI FOTOPOÉTICO. LETRAS GALEGAS 2022


   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Florencio Delgado Gurriarán.

   Rexerase polas seguintes bases:
  • Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  • Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
  • As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  • As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta  pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
  • O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  • As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  • O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  • Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
    • 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
    • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
    • 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

martes, 26 de abril de 2022

ENCONTRO CON THEODOR KALLIFATIDES


    Avanzamos, pendentes aínda de confirmar a hora, que o próximo xoves 5 de maio, na Aula de Cultura do Concello de Betanzos, teremos a sorte de compartir conversa con Theodor Kallifatides. 
   A reunión está aberta, ata contemplar aforo, a todas as persoas interesadas na literatura e na defensa dos estudos clásicos. Organizan: S.O.S. Clásicas, SEEC Galicia e IES Francisco Aguiar.
 
   As cinco obras publicadas en español están editadas por Galaxia Guttemberg: Otra vida por vivir (2019), El asedio de Troya (2020), Madres e hijos (2020), Lo pasado no es un sueño (2021), e Timandra (2022).

luns, 25 de abril de 2022

HORA DE LER

28ª Semana

[4ª sesión]

Abril, mes dos libros... Unha homenaxe a Miguel de Cervantes.

As propostas de lectura son unha antoloxía de microrrelatos e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.


venres, 22 de abril de 2022

martes, 19 de abril de 2022

HORA DE LER


 

27ª Semana

[3ª sesión]
 
Co rompente do día, a luz ilumina o verdor dos campos.
Flores que asoman tamén entre as follas dos libros que nos levan, da man de Alberto Moravia e Manuel Rivas, ás praias de Torvaianica ou arredor dun vello muíño enrexado en silveiras.