martes, 19 de decembro de 2017

CLUB DE LECTURA: MORIR EN PRIMAVERA



Unha novela con dous relatos, unha historia que contén unha historia para falar da intrahistoria.
Un escritor alemán desexa coñecer a terrible xoventude do seu pai: un adolescente soldado nos estertores da segunda guerra mundial.
Comprendemos que Morir en primavera fora premiada polos estudantes que conceden o Premio San Clemente, porque a materia narrativa e a denuncia antimilitarista suscitan moitísimo interese. Tamén comprendemos algunha das licencias do autor: sería moi difícil relatar en primeira persoa, sen caer no patetismo, as peripecias de Walter; tamén é comprensible que o relato marco e o epílogo carezan da verosimilitude necesaria, pois sérvenlle a Ralp Rothmann para soster a tese: non haberá lugar para a memoria, as nosas pegadas serán finalmente cinza do olvido.

No soundtrack, Schubert e o primeiro lied do Winterreise.




Próxima lectura:




Ningún comentario:

Publicar un comentario