martes, 15 de marzo de 2022

NOVIDADES MARZO

Acabadiñas de catalogar na biblioteca, gorentosas novidades:

  • Varios títulos de narrativa que acaban de saír do prelo: 

Imaxes roubadas de Nones Araújo é un libro de relatos inspirados en cadansúa obra de arte.

Non penses nun elefante rosa de Antía Yáñez trata o tema da saúde mental desde o sentido do humor.

Golpes de luz de Ledicia Costas, que xa conta cun importante éxito no pouco tempo que leva no mercado.

Formigas nos pés de Nazaret López

  • Incorporamos para os lectores máis novos a colección Formigas de Pere Tobaruela  cuxo cuarto número está dedicado a Rosalía de Castro.
  • Os seguintes  libros de poemas :
Presente continuo  de María Reimóndez
Beixos de lingua de Paco Barreiro
Dun lago escuro de Marta Dacosta



luns, 14 de marzo de 2022

HORA DE LER

Non son tempos para a indiferencia.

Ler o xornal para asomar os ollos ás catástrofes da nosa contemporaneidade. 

Ou ler a Heinrich Böll e a Ray Bradbury. 

Que o exercicio da nosa mirada non desatenda a comprensión do mundo. 

Tamén, a deste mundo...

sábado, 12 de marzo de 2022

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

 

 


 

O próximo martes 22 de marzo de 2022, ás 19 horas, reunirémonos de novo na Libraría Biblos [Rúa Santiago 4, Betanzos] para falar con Arantza Portabales sobre A vida secreta de Úrsula Bas.

martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Co gallo do día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o alumnado de 1º de ESO realizou un traballo sobre mulleres para destacar o importante papel que xogan as mulleres na ciencia e nas artes.



luns, 7 de marzo de 2022

HORA DE LER

 

 

22ª Semana

[4ª sesión]
 
    Svetlana Aleksiévich, de pai bielorruso e nai ucraína, naceu na Ucraína socialista, aínda que viviu toda a súa vida en Bielorrusia, ata que súa oposición a Alexander Lukashenko motivara o seu exilio en Alemaña. 
   A Asociación mundial de escritores, o Pen Club, ven de publicar unha carta firmada por numerosos autores (entre os que están premios Nobel como Orhan Pamuk e Svetlana Alexievich e escritores como Margaret Atwood, Paul Auster ou Salman Rushdie) na que rexeitan a invasión rusa.
 
   Alexievich é una recoñecida cronista das grandes traxedias del siglo XX.
   Di da súa obra: «Levo toda a vida escribindo un único libro: a crónica ruso-soviética da revolución, o gulag (os campos de concentración en tempos de Stalin), a guerra, Afganistán, a catástrofe de Chernóbil...».
   Nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, engadimos a unha selección da obra de Svetlana Aleksiévich, as propostas de Inma López Silva, e as nosas [ex] alumnas Irene Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga e Andrea Solís.

venres, 4 de marzo de 2022

VI CONCURSO DE ESOPÍAS


 



FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, dez días antes do Día Internacional do número Pi, convoca o VI Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar. 

BASES

Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.

  1. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  2. A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
  5. Os premios poderán ser declarados desertos.
  6. O prazo de entrega remata o 31 (4159....) de marzo de 2022.
  7. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras. As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final. 
 
Deste esta ligazón accederás a unha antoloxía dos mellores traballos de anteriores edicións.




xoves, 3 de marzo de 2022

HORA DE LER

 

21ª Semana

[3ª sesión]

 

Días tristes nos que costa crer na bondade do xénero humano...

   O pintor ruso Nikolai Petrovich Bogdanov Belsky (1868–1945) pintou en 1905 unha escena na que un grupo de xente escoita a lectura das noticias dun xornal: lendo o xornal, novas sobre a guerra é o nome polo que se recoñece ese óleo no que destaca a gravidade dos de todas as figuras.

   O poeta Ilya Kaminsky naceu en 1977 na cidade ucraniana de Odessa cando aínda formaba parte da Unión Soviética. En 1993 (dous anos despois da independencia da república de Ucrania), EEUU concedeulle asilo político á súa familia. 

   O poema «Vivimos felices durante la guerra», está incluido en República sorda (Valparaíso, Granada, 2021), libro que foi na considerado polo New York Times un dos mellores libros do ano.

   

 

VIVIMOS FELICES DURANTE LA GUERRA 

 

Y cuando bombardearon las casas de otras personas, nosotros 

protestamos 

pero no lo suficiente, nos opusimos pero no 

lo suficiente. Yo estaba 

en mi cama, alrededor de mi cama América 

 

estaba cayendo: casa invisible por casa invisible por casa invisible— 

 

Saqué una silla afuera y observé el sol. 

Era el sexto mes 

de un reinado desastroso en la casa del dinero 

 

en la calle del dinero en la ciudad del dinero en el país del dinero, 

en nuestro gran país del dinero, nosotros (perdónennos) 

 

vivimos felices durante la guerra.