luns, 7 de marzo de 2022

HORA DE LER

 

 

22ª Semana

[4ª sesión]
 
    Svetlana Aleksiévich, de pai bielorruso e nai ucraína, naceu na Ucraína socialista, aínda que viviu toda a súa vida en Bielorrusia, ata que súa oposición a Alexander Lukashenko motivara o seu exilio en Alemaña. 
   A Asociación mundial de escritores, o Pen Club, ven de publicar unha carta firmada por numerosos autores (entre os que están premios Nobel como Orhan Pamuk e Svetlana Alexievich e escritores como Margaret Atwood, Paul Auster ou Salman Rushdie) na que rexeitan a invasión rusa.
 
   Alexievich é una recoñecida cronista das grandes traxedias del siglo XX.
   Di da súa obra: «Levo toda a vida escribindo un único libro: a crónica ruso-soviética da revolución, o gulag (os campos de concentración en tempos de Stalin), a guerra, Afganistán, a catástrofe de Chernóbil...».
   Nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, engadimos a unha selección da obra de Svetlana Aleksiévich, as propostas de Inma López Silva, e as nosas [ex] alumnas Irene Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga e Andrea Solís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario