venres, 24 de abril de 2020

#LECTURAS NA XANELA: 23 de abril




O libro do amor é longo e aburrido
ninguén pode levantar ese armatoste
cheo de gráficas, feitos e estatísticas
e instrucións para bailar
pero a min encántame cando ti mo les
e ti les o que sexa para min.

Stephen Merritt 
The book of love is long and boring
No one can lift the damn thing
It's full of charts and facts and figures
And instructions for dancing
But I I love it when you read to me
And you
You can read me anything
Stephen Merritt 

Fotografía: Ana Tomé

mércores, 1 de abril de 2020

#EUQUEDOLENDO

A Asociación de Tradutores Galegos creouse en 1985 para potenciar a tradución á nosa lingua como ferramenta para a súa normalización. É unha asociación non profesional de tradutores que realizan o seu labor fundamentalmente no ámbito literario.

Á parte de apoiar a tradución literaria ó galego, a iniciativa máis importante que desenvolveu a ATG é Bivir, a Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego.

O proxecto de Biblioteca Virtual BIVIR da ATG pon en galego obras da literatura universal libres de dereitos, que calquera pode descargar gratuitamente en formato PDF tanto da nosa web como doutros provedores, por exemplo, amazon.es.

Ademais, a ATG e o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo publican conxuntamente Viceversa, unha revista académica centrada na tradución desde a perspectiva galega.

Nesta ligazón espérannos William Blake, Virginia Woolf, James Joyce...

martes, 31 de marzo de 2020

#EUQUEDOLENDO

A práctica do mergullo é case inevitábel cando entras en moitas librarías e quioscos á procura de literatura en galego. Lánzaste de cheo e braceas entre bestsellers e semellantes, até chegares ao estante onde recoñeces a fisionomía dalgunha das nosas editoras favoritas. A heroicidade recoñecerancha definitivamente cando o que procures sexan libros en galego-portugués ou noutros portugueses.
Imaxina agora procurar esa literatura en galego en formato electrónico! Falamos dos famosos ebooks. Por poder, podes topar obras de Rosalía en mil sitios, mais… E se quixermos ir alén? A seguir ofrecémosvos 16 espazos básicos para encontrar literatura en galego en formato electrónico, e outros 17 extras, moitos deles con libros en portugués.
Hai máis extras que básicos? Caso instales o portugués entre as túas capacidades (ter témola, só que non nola activaron de serie), verás que resulta un “plugin” fundamental que amplía e moito as nosas opcións. Muito recomendável!

luns, 30 de marzo de 2020

#EUQUEDOLENDO





No portal do Consello da Cultura Galega, podemos atopar ademáis de  banda deseñada, Antropoloxía, Arquitectura, Artes, Bibliografías, Biografías, Ciencia, Comunicación, Emigración, Ensino, Filosofía, Fontes documentais, Historia, Identidade, Igualdade, Lingua, Literatura, Medio natural, Patrimonio, Sociedade e  Xeografía.

sábado, 28 de marzo de 2020

#EUQUEDOLENDO




Catro títulos de Xerais para abrirlle a porta á lectura en galego
A fin de facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos de literatura infantil e xuvenil (un por idade). Son catro atractivos títulos que lles ofrecemos ás lectoras e lectores e aos que se pode acceder en rede a través da plataforma ISSU. Un encantador libro para primeiros lectores/as do Hematocrítico; unha historia da entrañable personaxe Leopolda Diéguez, de Teresa González Costa, para lectorado a partir dos 8 anos; un orixinal e divertido libro de poemas de Antón Cortizas e unha das atractivas novelas da serie Dragal, de Elena Gallego, para público xuvenil, conforman esta iniciativa que se desenvolve baixo as etiquetas #Ábrelleaportaálectura, #Lenacasa, #Euleoengalego #Quedanacasa.

Desde esta ligazón accédese aos catro títulos. Grazas, Xerais!

venres, 27 de marzo de 2020

##EUQUEDOLENDO

En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.



xoves, 26 de marzo de 2020

RECONSTRUCCIÓN, Ferrer Herrero & Father







RECONSTRUCCIÓN


Es el mejor momento: sentir,
cambiar de nombre tantas cosas
y olvidar algunas caras
en el cementerio del pasado.

Es el mejor momento: reconocer,
sentir a veces tanto miedo
y entender que justamente
ese es el gesto más valiente.
Y aceptar que no todo es tan fácil
que no siempre los huesos
aguantan el peso.

Reconstrucción.

Es el mejor momento: asumir
que toda sabiduría y experiencia
no resisten a veces
la fuerza de algunas corrientes.

Es el mejor momento: comprender;
no poder ganar todas las veces
y entender que esa es la llave
hacia un camino más amable.
Y aceptar que no todo es tan fácil
que no siempre los huesos
aguantan el peso.

Reconstrucción.

Y aceptar que no siempre es tan fácil
que no todos los huesos
aguantan el peso.

Reconstrucción.


O dúo Ferrer Herrero & Father (ou Ferrer & Son?) agasállanos con esta canción tan oportuna para describir moitas das sensacións que se apoderan de nós nestes momentos de loito, medo e tristura; momentos estes que permiten tamén albiscar un novo camiño alonxado dos ridículos e improductivos individualismos. 
Son estes tempos de abatimento, pero tamén son tempos para repensar a nosa sociedade: tempos para reconstruir, en comunidade, un futuro máis humano e amable.

Julian Ferrer & Jesús Ferrer
&
Ilustración: Carlos Villoslada