mércores, 8 de abril de 2015

CONCURSO DE MINILIBROS



  1. O concurso vai dirixido aos alumnos da ESO do IES Francisco Aguiar.
  2. Os participantes presentarán un minilibro con texto propio (poesía, microrrelato). Poden atopar o titorial para a súa confección en Youtube.
  3. Establécese unha única categoría. O xurado designará tres traballos gañadores.
  4. Os premios consistirán nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
  5. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 minilibros, obtarán a un único premio.
  6. Os premios poderán ser declarados desertos.
  7. O prazo de entrega remata o 21 de abril de 2015.
  8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa. Valorarán conxuntamente aspecto artístico e literario.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario