Coordinadores: Francisco Rodríguez Coloma y Raquel Vázquez, Zaera Silvar Editor, A Coruña, 2015, 93 pax. ISBN: 978-84-941376-4-8
Francisco Rodríguez Coloma, docente no IES Francisco Aguiar de
Betanzos ( A Coruña) e Raquel Vázquez, escritora, son os administradores
do blog Documenta minima (http://documentaminima.blogspot.com.es/),
espazo dedicado ás microformas literarias e uns auténticos coñecedores
destas formas narrativas breves, tan características e xenuínas da nosa
época. Despois de valorar a idoneidade do xénero do microrrelato para o
traballo de aula, decidiron desenvolver unha proposta didáctica
arredor desta forma breve cun grupo de 3o de ESO na materia de lingua e
literatura. O resultado é o que se nos ofrece neste libro.
Conscientes de que a competencia literaria do noso alumnado debe xurdir nun contexto comunicativo e de que a lectura e a escritura son as dúas caras dunha mesma moeda, os autores formulan unha proposta na que a lectura lúcida e interrogante sobre os textos se completa nun proceso de escritura.
A obra ábrese cun lúcido prólogo do escritor Pedro Sánchez Negreira no que conta a súa experiencia co grupo de alumnos, aclara conceptos clave na construción dun microrrelato e dá pistas sobre o algúns dos textos creados na aula. Deseguido, preséntanse as creacións realizadas polo alumnado durante esta experiencia didáctica. Cómpre ler detidamente estes textos tanto pola apropiación consciente dos moldes do xénero por parte do alumnado como pola calidade literaria de moitos dos relatos. A unidade didáctica sobre o microrrelato ocupa o seguinte apartado do libro. Esta sección recolle a xustificación didáctica da unidade, unha explicación teórica dos trazos característicos que definen o xénero e o desenvolvemento metodolóxico das distintas sesións de traballo de aula. O libro péchase cunha completa e útil bibliografía e coa listaxe de microrrelatos seleccionados para o desenvolvemento da proposta didáctica.
O libro conxuga habilmente a exposición de coñecementos teóricos necesarios para desenvolver a unidade como a praxe esmiuzada do traballo de aula. Deste xeito, a obra convértese nun recurso moi útil para o profesorado que queira motivar o alumnado cara á lectura e a expresión escrita a través duns textos narrativos breves e cercanos á cosmovisión dos rapaces destas idades.
E non menos importante é o esmerado traballo de edición tan habitual xa nesta editorial e que facilita a aproximación do lector a un libro que inspira infinidade de olladas e abre a porta á creatividade do alumnado dende a lectura. Alimentemos de lecturas a estes cachorros pois neles atópase a semente do noso porvir.

Javier Pintor Elizalde
Ningún comentario:
Publicar un comentario