E por fin chegou o día da presentación deste libro que recolle 63 microrrelatos de 36 alumnos que cursaban o ano pasado 3º de ESO. Falaron o escritor Pedro Sánchez Negreira, o atrevido editor Pablo Zaera Silvar e Raquel Vázquez, a inductora da escritura de microrrelatos encapsulados no formato de minilibros seguindo a proposta do Equipo da Biblioteca. Presentou Francisco Rodríguez Coloma.
Todo o protagonismo recaeu sobre estes artistas polifacéticos que deleitaron á asistencia coa interpretación de varias cancións nos interludios. Durante todo o breve acto nunha gran pantalla se proxectaban as fotografías dos autores antologados e unha escolma das súas narracións.
Amaia Tomé & Aldara Feijoo
Zuriñe Otero
Antía Vázquez, Noelia Fraga, Gala Illanes, Uxía Castelos e Rosalía Doporto
Stacey [aka Emilio Suárez ]
Ningún comentario:
Publicar un comentario