mércores, 25 de xaneiro de 2017

DE SUITE FRANCESA A EL ARTE DE VOLAR


O pasado luns na reunión do Club de Lectura Biblos Aguiar os lectores deixaron constancia da singularidade narrativa de Irène Nemirovsky. Un dos asuntos máis comentados foi a serenidade na narración dunha traxedia que remataría coas vidas da novelista e do seu home. Unha contención no relato difícil de entender desde o noso punto de vista, contaminado polo coñecemento do Holocausto.

Aínda non temos data concreta para a próxima reunión no mes de febreiro. Será na semán do 20 ao 24 de febreiro. O día, por concretar, depende da disponibilidade dos autores, Antonio Altarriba e Kim, aos que queríamos ter con nós.

E si, escollemos ler a novela gráfica El arte de volar que xa está disponible na Libraría Biblos, o noso segundo fogar.

El Arte de Volar from polinomio on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario