O mércores 5 de setembro agroma, en forma de exposición fotográfica, parte do traballo realizado no pasado curso polos alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual en 3º da ESO.
Trátase dun traballo que, baixo a coordenación do profesor José Manuel Rey, sitúa o seu foco sobre o Parque do Pasatempo e a necesidade de valoración e inciativas de conservación.
Consideramos moi oportuna esta aportación cando por outros camiños, a Asociación de Amigas/os do Pasatempo (no que colaboran varios ex alumnos e ex alumnas)
ven de reivindicar a catalogación do dito parque como Ben de Interese Cultural (BIC),
publica unha interesante revista de investigación ( "Casa dos Espellos")
e mesmo reactiva o coñecemento e disfrute do parque coa organización de eventos como a romaría modernista que tivo lugar o pasado 24 de agosto.
A exposición do noso alumnado inaugurarase na Libraría Biblos o mércores 5 de setembro ás 20 horas. Alí quedará exposta ata o día 30 do mesmo mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario