Abril dos libros
O
23 de abril celébrase o Día do libro.
Esta conmemoración naceu o 15 de xuño do ano 1989, cando a UNESCO estableceu un día
dedicado aos libros para salientar a súa importancia na formación da humanidade e na constitución das sociedades. As
orixes desta festa están ligadas á
celebración do Sant Jordi en Cataluña e á tradición de regalar neste día un
libro e unha rosa.
Desde
a Biblioteca do IES Francisco Aguiar , para
conmemorar o mes dos libros e promover a lectura , propoñemos a toda a comunidade escolar a actividade que
chamamos
"CÓNTANOS O QUE LES"
En que consiste?
As persoas participantes deberán enviar antes do 23 de abril, unha fotografía, na que se mostren lendo un libro.
Na parte inferior
escribirán os datos básicos do libro (
título, autoría e editorial) e unha breve valoración
sobre o mesmo ( pódese escoller un fragmento significativo ou comentar
algún aspecto sobre o seu contido )
Nesta
ligazón pódese encontrar un modelo
Enviar ao correo : bibliofranciscoaguiar@gmail.com
Entre
os participantes realizaremos un sorteo , entregándolle un agasallo ao gañador/a
do mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario