venres, 19 de setembro de 2025

CALENDARIO AGUIAR 2026

 


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por sexto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o martes 15 de outubro. 

Paula Fernández Carral 


Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2026.


 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario