luns, 31 de xaneiro de 2022

HORA DE LER

 


17ª Semana 

[5ª Sesión]

Difícilmente a lectora que pintou Carl Vilhelm Holsøe terá nas súas mans historias como as escritas por Vicente Gallego e César Mallorquí.

Outras épocas, outras sensibilidades ante a crueldade do mundo.

 

 

domingo, 30 de xaneiro de 2022

DIA DA ILUSTRACIÓN . REIMUNDO PATIÑO.

   REIMUNDO PATIÑO ( 1936-1980)  

 O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.

        
    Para conmemorar este día , temos no Instituto unha pequena exposición que amosa a infomación máis relevante da vida de R. Patiño ,  as viñetas do cómic fundacional titulado " O home que falaba vegliota" e  algúns exemplares de banda deseñada que forman parte da historia deste xénero en Galicia.


Xaquín Marín
 e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético .  


 " O home que falaba vigliota" . Exposición do cómic de R. Patiño.






venres, 28 de xaneiro de 2022

30 de xaneiro. LIBROS POLA PAZ



        Educar para a paz e a non violencia resulta esencial nos centros escolares e os libros son unha ferramenta de grande axuda . Imprescindibles para transmitir actitudes de xustiza, respecto, solidariedade e compromiso como alicerces dun mundo cada vez máis global e complexo.


luns, 24 de xaneiro de 2022

HORA DE LER

 


16ª Semana 

[4ª Sesión]

Na ilustración de Marc Tolices, Julio Cortázar, autor moi ben querido por Fernández Naval, innegable lector de Julio Cortázar, de quen levou ao galego o relato La autopista del sur.

mércores, 19 de xaneiro de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS, Ángel Arcay por dous

 

   Dous son os motivos polos que o noso [ex] alumno, o historiador Ángel Arcay, leva varios días ocupando titulares de prensa
  1. ) ven de presentar o libro Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza e
  2. ) obter o Premio Hume de ensaio por un estudo que, tras analizar a alta porcentaxe de embarazos fóra do matrimonio nos séculos XVIII e XIX, demostra que algunhas mulleres, desde o seu comportamento heterodoxo, souberon vivir unha sexualidade consciente, o que as convirte en unhas pioneiras do feminismo en Galicia.

  O lector deberá (ou non) entre a compra deste receitario histórico e a lectura deste traballo de investigación sobre as mulleres “espontaneadas”, un fenómeno exclusivo da lexislación galega ao que podían acollerse mulleres solteiras ou viúvas, no caso de engravidaren, para que o alcalde aceptase a autoinculpación e expedise un salvoconducto que lles permitise non seren incomodadas por ningunha autoridade. 

    Parabéns, Ángel! 

POETÍZATE

O alumnado de 1º de ESO está a iniciarse na elaboración de podcast . Desde a materia de Lingua galega , propúxoselles recitar poemas de autores e autoras da nosa literatura e xa van chegando os primeiros produtos elaborados. 

Os traballos están subidos no programa POETÍZATE  de  SON AGUIAR na plataforma IVOOX e serán tamén publicados na sección  RADIO NA BIBLIO na web do Centro.

Velaquí un dos poemas:

" Perdín un bico" un poema de Antonio García Teijeiro incluído no libro Para cantar e contar recitado por Adriana Naveira.

martes, 18 de xaneiro de 2022

NOVIDADES DE XANEIRO

Nova fornada de libros informativos  e documentais , nesta ocasión en galego, que enchen os andeis das novidades.