REIMUNDO PATIÑO ( 1936-1980)
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.
Para conmemorar este día , temos no Instituto unha pequena exposición que amosa a infomación máis relevante da vida de R. Patiño , as viñetas do cómic fundacional titulado " O home que falaba vegliota" e algúns exemplares de banda deseñada que forman parte da historia deste xénero en Galicia.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Ningún comentario:
Publicar un comentario