mércores, 19 de xaneiro de 2022

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS, Ángel Arcay por dous

 

   Dous son os motivos polos que o noso [ex] alumno, o historiador Ángel Arcay, leva varios días ocupando titulares de prensa
  1. ) ven de presentar o libro Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza e
  2. ) obter o Premio Hume de ensaio por un estudo que, tras analizar a alta porcentaxe de embarazos fóra do matrimonio nos séculos XVIII e XIX, demostra que algunhas mulleres, desde o seu comportamento heterodoxo, souberon vivir unha sexualidade consciente, o que as convirte en unhas pioneiras do feminismo en Galicia.

  O lector deberá (ou non) entre a compra deste receitario histórico e a lectura deste traballo de investigación sobre as mulleres “espontaneadas”, un fenómeno exclusivo da lexislación galega ao que podían acollerse mulleres solteiras ou viúvas, no caso de engravidaren, para que o alcalde aceptase a autoinculpación e expedise un salvoconducto que lles permitise non seren incomodadas por ningunha autoridade. 

    Parabéns, Ángel! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario