JONAS JONASSON, El abuelo que saltó por la ventana, Salamandra, Barcelona, 2012, 414 páxinas.
[NUC JON abu]
Todo o mundo sabe que xa remataron as vacacións e que son moitos os que xa voltaron ao cole.
O Club de Adultos Biblos Aguiar comeza a pensar en lecturas e conversas.
O lugar de encontro: A Libraría Biblos onde tan xenerosamente nos acollen Carmela e Tucho.
A data do encontro: Luns 14 de novembro ás 18: 30.
Os membros do Club: todos os que teñan curiosidade por compartir
lecturas, estén ou non, vinculados ao noso IES. Esperamos no espazo
público de Biblos aos que desexen vir.
A primeira lectura: unha novela imperfecta, dun humor discutible, que leva ao lector de paseo pola historia do infame século XX.
Os coordinadores do encontro: o Comando Jonasson (os alumnos que
cursaron Literatura Universal de primeiro de Bacharelato e, que,
xentilmente, préstannos os seus exemplares).
Estades todos convidados a esta festa da dinamita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario