mércores, 23 de novembro de 2016

LER PARA CONCIENCIAR: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

JOYCE CAROL OATES, Monstruo de ojos verdes, SM, Madrid, 2005, 234 páxinas.


[NUC OAT mon]

O nome de Joyce Carol Oates sempre anda sonando como futurible Premio Nobel de Literatura. Este, certamente, é unha novela menor, pero non por iso deixa de ser unha lectura moi recomendable por é unha narración moi realista que reflicte moi ben os padecimentos dunha familia que sufre a violencia de xénero. Un libro, pois, que pode axudar a concienciar á xuventude para non aceptar como normal calquera tipo de machismo.

MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira, 2010, 264 páxinas.

[NG CAR pal]
**********

   Nuria Solís é unha personaxe de Palabras envelenadas, concretamente a nai da protagonista, Bárbara Molina. É unha muller vexetal, desequilibrada, anulada, unha vítima máis do maltrato de xénero; unha persoa que, en contra do ciclo da vida, tivo que perder (aínda que non para sempre) a unha filla.
   A nai de Bárbara é unha persoa transformada; grazas á súa irmá podemos saber que na súa xuventude ela era aventureira e loitadora, activa e moi botada para adiante. Este cambio ten a  orixe  en Pepe, o seu home.
   Nuria é maltratada psicolóxicamente por parte do seu marido. Apreciámolo cando teñen que declarar ante a policía pola desaparición da filla e el non para de berrarlle, ou na casa cando a trata esperando dela a submisión. El consegue facerlle ver que necesita axuda, ela non existe a forza de pastillas e así anúlaa coma persoa autónoma, independente e con capacidade de decisión. Nela refléxanse as características da maioría das mulleres maltratadas: os sentimentos de culpa, o agradecemento, a dependencia cara ás súas parellas, a incapacidade de ver a realidade, de poñer un fin. [...]
   A pesar do seu reencontro coa filla, eu creo que é unha muller chea de carencias, con moitas feridas que curar, que arrastrará toda a súa vida e das que padecerá durante moitos anos as consecuencias. [...]


Lola Mosquera [1º BAC C]

Ningún comentario:

Publicar un comentario