mércores, 16 de novembro de 2016

IZAN O DA SACA, Xabier Quiroga

XABIER QUIROGA, Izan o da saca, Xerais, Vigo, 2015, 382 páxinas.


[NG QUI iza]

   Cando Fabio Vázquez, oficial subalterno con praza de seu, se ía achegando á porta pechada, aquela na que unha placa en letras douradas advertía «Fiscal Superior de Galicia», tina por certo que, ademáis de alterar o sosegó das causas que meticulasamente ordenaba todas as tardes a señora da limpeza, os golpes dos seus cotobelos perturbarían outra volta o seu único ocupante.
   Ao petar, lembrou que na súa última entrada, había unha hora, o titular do despacho recordaba por teléfono ao seu interlocutor os principios que rexían o seu labor, para concluir cun taxativo: «E xa que falas da confianza que nos temos, avisóte, para que llo recordes ao teu cliente: as dilixencias e medidas preventivas que se tomen nesta investigación estarán sempre orientadas a garantir a mais estrita legalidade. E non teño mais que dicir.» Por iso desta vez abriu con tentó e o fiscal, ademáis de amasar o dente pola comisura dereita, mirouno de través compondo un aceno que o subalterno consideraba máis propio dun tafur que dun alto xerarca da xustiza. Desconforme con que o amolasen cando, cada venres antes de marchar de fin de semana, falaba por teléfono cunha tal Rita, nesta ocasión dixo «perdoa un momentiño» cara ao micro, tapouno coa mesma mao coa que sostiña o auricular e pronunciou con ton irado a pregunta sen resposta de costume: «Que pasa agora?»

Ningún comentario:

Publicar un comentario