mércores, 29 de novembro de 2017

UN LUNS CON LUNS DE ELI RÍOS


Non podía haber mellor día para falar con Eli Rios sobre Luns que onte, luns 27, dous días despois do 25 de novembro.
Unha das palabras máis repetidas por Nerea é cancro. Pero Luns non é unha historia sobre unha enfermidade física, senón sobre unha noxenta enfermidade social: a violencia sexista do patriarcado que anula, aniquila ás mulleres.
Eli falou, con certo optimismo, sobre o que convén facer: tecer unha rede de afectos que axude a quen o precisa; non deixar de traballar pola igualdade e non consentir que os contos de fadas, os vellos e os novos contos de fadas, cosifiquen á muller.
A nós tócanos loitar para que ningunha nai acepte, con resignación, transmitir o legado. Haberá que rachar co pasado: romper todos os símbolos do patriarcado e impedir legar unha mochila a todas as fillas de todas as Nereas.
Ningunha outra herdanza distinta á liberdade!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario