mércores, 28 de febreiro de 2018

CONCURSO DE MICRORRELATOS EN MINILIBROS


CONCURSO DE MICRORRELATOS EN MINILIBROS

Con motivo da celebración da Semana da Ciencia, dende a biblioteca invitámosvos a participar nun concurso de microrrelatos de temática científica.


 
**********
BASES DO CONCURSO


  1. Os microrrelatos non poden superar as 150 palabras. 
  2. O seu argumento debe estar relacionado cunha muller científica, xa que este é o tema principal que irnos abordar na Semana da Ciencia. 
  3. A data límite de entrega (a calquera profesor de Lingua ou a un membro do Equipo da Biblioteca) é o martes 3 de abril. 
  4. Os microrrelatos poden estar escritos en galego, castelán, francés ou inglés. 

QUE E UN MICRORRELATO? 

  1. Un microrrelato e unha historia mínima que non necesita máis que unhas poucas liñas para ser contada; non é o resumo dun conto máis longo. 
  2. Como todos os relatos, o microconto ten introdución, no e desenlace. O seu obxectivo é contar un cambio, como se resolve o conflito que aparece nas primeiras liñas. 
  3. Habitualmente o periodo de tempo que se conte será pequeño. É dicir, non transcurrirá moito tempo entre o principio e o final da historia. 
  4. Convén evitar a proliferación de personaxes. Polo xeral, para un microrrelato tres personaxes xa son multitude. 
  5. O microrrelato ten xeralmente un so escenario, dous como moito. 
  6. Para evitar alongármonos na presentación e descrición de espazos e personaxes, é aconsellable seleccionar ben os detalles cos que serán descritos. Un detalle ben escollido pode dicilo todo. 
  7. Un microconto é, sobre todo, un exercicio de precisión no uso da linguaxe. E moi importante seleccionar o que se conta (e tamén o que non se conta); encontrar as palabras xustas que o conten mellor. Por esta razón, nun microrrelato o titulo é esencial: non debe ser superfluo, é bo que entre a formar parte da historia e, cunha extensión mínima, debe desvelar algo importante. 
  8. Pese á súa reducida extensión, os microcontos adoitan ter un significado de orde superior. É dicir, contan algo moi pequeno, pero que ten un significado moi grande. 
  9. É aconsellable evitar as descricións abstractas, as explicacións, os xuízos de valor, e nunca hai que tratar de convencer ao lector do que ten que sentir. Contar contos é pintar con palabras, debuxar as escenas antes os ollos do lector para que este poida commoverse (ou non) con elas.
  10. Pensa de forma distinta, non te conformes, fuxe dos tópicos. Un non escribe para contar o que xa se dixo mil veces.
**********

 PREMIOS

Haberá un premio por categoría, sendo seleccionado o minilibro que destaque na elaboración do texto e no deseño plástico do minilibros:

  1. Ciclo da ESO. 
  2. 2º Ciclo da ESO. 
  3. Bacharelalo. 
 **********

MINILIBROS

O minilibro será o soporte que conteña o teu microrrelato con contido relacionado coa muller científica. Para a sua elaboración sigue as seguintes instrucións: Utiliza o papel que che vai ser proporcionado polos profesores das linguas ou polo Equipo de Biblioteca.
 
 Confecciona o minilibro de 14 páxinas.
  1. Esmérate en darlle un aspecto atractivo e artístico, onde o texto e a parte plástica se fusionen.
  2. Podes axudarte destes dous titoriais para a súa elaboración:
 https://www.youtube.com/watch?v=BlzzZ_EV6cM
 https://www.youtube.com/watch?v=rpsWVkR3SZk















Ningún comentario:

Publicar un comentario