luns, 1 de abril de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

25ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Hoxe, luns 1 de abril, visita Betanzos o escritor Andrés Neuman en compañía do editor Juan Casamayor, responsable de ese oasis que é a editorial Páginas de Espuma, adicada íntegramente a edición de libros de relatos.
Ás 12:30 da mañá, no salón de actos, encontrarase con alumnos de 1º de Bacharelato: alumnos de Literatura Universal e alumnos do Club de Lectura.

Pola tarde, ás 19:00 horas, na Libraría Biblos, nun acto de entrada libre ata completar aforo, falará tamén sobre Hacerse el muerto cos lectores do Club de Lectura Biblos Aguiar.
Por todos estes motivos convén suxerir a lectura desta pequena escolma da obra de Andrés Neuman.
 
Fotografía de autor descoñecido.
Debuxo: Pablo Gallo

Ningún comentario:

Publicar un comentario