venres, 18 de decembro de 2020

CALENDARIO SOLIDARIO AGUIAR 2021

CALENDARIO AGUIAR 2021


   Así posan os artistas: Judith Sánchez García, Alfredo Faraldo Núñez, David Baladrón Arévalo, Noelia Yáñez Gómez, Inés Pena Medín, Yago Cortés, Mellado, [primeira fila]; Aroa Blanco Suárez, Lía Maceiras Sánchez, Alex Birsan, Nébeda Barreiro Vázquez, Adrián Roca Medal, Celia Sánchez Fernández, Erika Sofía Luces Bordón [segunda fila]. 
 

   Os seus traballos ilustrarán o Calendario Aguiar 2021. 
   Por segundo ano, impulsado polo Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, e co imprescindible axuda de ACEBE e outras entidades, próximamente sairá á venda o Calendario Aguiar 2021 ao simbólico prezo de 5 euros. 
   Poderá ser mercado nos comercios de ACEBE e na secretaría do IES. 
  Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain
   Corresponde agradecer ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, en particular aos de Educación Plástica e Visual (Álvaro Rivas Ares, Susana Pérez Creo e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, (outra vez!), a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo que supera anteriores records—. A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento. A todos os participantes, grazas pola vosa creatividade. 
 
 
SEN DISTANCIAS 
 
   Non antes de que as xeadas de febreiro se farten de tinxir os campos. Nin antes de que enchoupen os prados as chuvascadas de abril. 
   Cando os ventos de maio agromen as flores das árbores ou cando a lúa chea alumee a noite de San Xoán. Se cadra, cando as estrelas ascendan o globo axudadas pola lúa nova de agosto. Ou cando as follas dos castiñeiros e dos carballos oculten os vieiros do outono. 
   Entón pasearemos polas rúas abrazados ou collidos das mans, cun sorriso nos labios, porque xa non nos separará ningunha distancia. 
 
   Ese día chegará…


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario